Pages

Friday, 27 February 2015

QUERIDO IAGO

       


Querido Primo,

Sí, hoxe vai por ti. Tanto Noa como eu queremos que sepas que levamos semanas botándote de menos. Sabemos que non te poidemos ver para que poideras manterte forte para a viaxe máis importante que vas realizar. Pero é que os domingos non son completos sen ti. Pero vai merecer a pena, xa verás. Vas ver lindos paisaxes por a ventanilla e teu Pai seguramente te faga rir poñendo música cañera e inventándose a letra de todas as cancións, hai que recoñecer que é todo un artista. Túa Nai seguramente teña a voz máis nerviosa e se notas que empeza a temblar, non te preocupes, bótalle un sorriso dos teus e fai que disfruta da viaxe. Porque Iago, mañán embarcas en unha gran aventura e mentres os demáis se emocionen e ata teñan medo, ti, valiente guerreiro, sabemos que vas dar outra vez máis, un exemplo de disfrutar do momento, de valentía cando o precises, e de loita....pois esa lección a das tódolos días! Sabes primo? Noa quere contarche algo: "Iaguete! Te quiero mucho!! Hasta los Dorys y los Nemos! Me encanta oirte reir!!"
Pois eso Iago, simplemente querémoste! Desexámosche toda a sorte do mundo e cando volvas Noa máis eu estaremos esperándote para poder xogar contigo e facerte rir coas nosas historias. 

Moitos bicos e apertas de túas primas,

Aira e Noa

#IagoLaMagiaDeUnaSonrisa
#AsBolboretasSanSan



Monday, 28 July 2014

CAMIÑO ADIANTE

"Camiño adiante, triste sen congoxa,
a fronte erguida, o paso ventureiro.
Ó lombo un pau e nel cangada a roupa
envolveita nun pano, o pensamento 
na chouza en que viviu seus anos mozos,
o amor á terra en que naceu no peito, 
unha visión de brétema nos ollos
e unha copla nostálxica nos beizos
Camiño adiante...adiante...sempre adiante!
Aléxase da aldea o bo labrego"

Ramón Cabanillas

Querido Papá,

Parece que aínda que se supón que avanzamos dende os tempos dos Bises, seguimos tendo os mesmos problemas e falta de solucións.
Xa queda pouco Papá, este venres xa estás aquí. Estou contando os días.

Quérote moito,

Aira :)

Papá!

Te gustan tus viajes por Alemania? Nos vemos el viernes.

Te quiero hasta los Dorys y los Nemos!

Noa ;P



Sunday, 20 July 2014

FESTAS DE ORTO 2014!

Querido Papá:

Hoxe máis que nunca notamos a túa falta. Esta é a túa festa e non estás. Cando viñeron os gaiteiros a Mamá escapoulle unha bágoa ou dúas. A ver se cando veñan os convidados, animámosnos un pouco. Quérote moito Papá i estou deseando que chegue o 1 de agosto de unha vez por todas!

Un bico e unha aperta,

Aira :)

Papá!

No me gustan los gaiteiros!

Te echo de menos. Te quiero hasta los Dorys y los Nemos Papá!

Noa ;P



Wednesday, 4 June 2014

BENDITO MES DE XUÑO


Como ben sabedes, normalmente Noa máis eu escribíamoslle ao noso Pai dende aquí e así tamén, compartíamos o que sentimos, e como  realmente nos afecta a marcha do noso Pai por culpa da crise. Pois ben, dende que chegou de París non volveu a marchar. Está de "vacacións" ata xullo, cando se supón que o volverán a chamar. Nós estamos felices porque por fin estamos con Papá tódolos días. Fai o xantar, a cea, somos partícipes (de vez en cando) no seu traballo na horta, e agora vainos preparar o noso dormitorio! É moi currante e nunca está quieto! Vai ser un mes estupendo!!!
Este mes os días tamén son máis longos e saímos do cole as 14h! Entón hai moito día para facer os deberes e despois a xogar!! Esperemos que veña o verán pronto que Noa xa leva pedindo ir á praia dende fai uns días. Ténovos que deixar que vou xantar. Noa e Mamá están pachuchas con un virus estomacal, entón están a réxime. 

Un bico Bolboreteir@s  

Aira :)

Friday, 16 May 2014

O PATRIMONIO FAMILIAR



Querido Papá,

Xa sei que ultimamente non escribimos moito e parece que nos estamos adaptando a esta situación, pero a verdade é que non cambiou nada. Sinto o mesmo que fai dous meses e me sigo poñendo triste cando me preguntan por ti, por cando ves, ou peor, cando falan con Mamá conmigo diante e lle preguntan qué tal o leva...como se eu non oira nada!! Pero hoxe non quero falar do que sinto cando non estás, hoxe quero falar do que sinto en este momento. Sinto como se tivera bolboretas no bandullo, e non podo parar de falar. Xa sabes por qué, non? Pedinlle permiso a tódolos maestros para faltar mañán ao cole. Pedinlles por favor e díxenlles que me diran todo o traballo que o facía na casa. Xa sei que non se pode faltar ao cole, e ti ben sabes que me encanta ir, pero para min é moitísimo máis importante pasar o máximo tempo posible contigo. Hoxe non vou poder durmir, porque non podo deixar de pensar que mañán témoste con nós de novo!

Quérote moitísimo Papá i estou contando as horas...

Un bico 

Aira :)

 
Hola Papá!

No quiero dormir!! Quiero esta contigo!

Te quiero hasta los Dorys y los Nemos!!

Muchos Besos

Thursday, 8 May 2014

HAPPY BIRTHDAY MAMÁ!


FELIZ CUMPLE MAMÁ!!! 
Que o desexo que lle pediches ao tarrelo faga realidade, e que disfrutes moito de este día. 

Querémoste moito, ata os Dorys e os Nemos.

Un bico e unha aperta,

Aira :) e Noa :D 

P.D. Temos que tirarche das orellas 34 veces!!!!

Wednesday, 7 May 2014

NOVO LOOK!


Querido Papá,

Xa facía tempo que non che escribía por aquí. Sei que cada vez queda menos para volverte a ver, pero faise eterno a espera. Hoxe, Mamá levounos a Guiliade, á Peluquería Oasis, onde Mari Carmen cortounos o pelo. Primeiro lle tocou a Noa e logo fun eu. Noa non paraba quieta e falaba e falaba, pero Mari Carmen llo cortou sen problema. É moi boa!! Veu o Avó a buscar a Noa e Mamá quedou conmigo. Agora sinto a cabeza moito máis lixeira...non sabía que o cabelo pesaba tanto!!! A min encántame os nosos novos looks e a Noa agora se lle riza aínda máis! 
Papá, estou deseando que veñas, querote moito i estou contando os días. 

Un bico e unha aperta,

Aira :)


Papá!

He ido a la peluquería y ya no parezco un león. Quiero que estés aquí, te echo de menos. Voy ver los dibujos. Ciao!

Te quiero hasta los Dorys y los Nemos!!

Noa :D